Amosando publicacións coa etiqueta Creatividade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Creatividade. Amosar todas as publicacións

luns, 15 de xuño de 2020

A ESPREMER O VERÁN!


Hoxe Neko quere despedirse de todos vós! Todas estas semanas axudásteslle a cargar a súa mochila de moitos momentos que quixestes compartir con el, e quere agradecer o voso esforzo e desexarvos que pasedes un marabilloso verán!
Neko marcha a Xapón e non esquece levar a súa cariña cuberta con máscara para protexerse... Agora que levamos a cara cuberta con máscaras todos parecemos máis homoxéneos, non vos parece? Pois a última proposta de Neko e que creedes unha máscara que reflicta o voso interior, os vosos sentimentos, convertendo esa máscara nunha verdadeira obra de arte! Non esquezades sacarvos unha foto con ela posta e compartila con Neko e cos vosos compis!

luns, 8 de xuño de 2020

XOVES DE PASATEMPOS VIII

Nesta proposta imos a traballar moitas cousas: a atención, a concentración e a lóxico matemática. Teredes que resolver as sumas para saber de que cor colorear a KUSAMA e os seus puntos. Deixádea moi guapa!

Agora Neko proponvos un reto moi divertido. Tedes que buscar un conto que vos guste moito e, con cousas que teñades na casa, e unha boa dose de imaxinación e creatividade ides tentar recrear a portada do conto como fixeron as vosas profes.


VENRES ARTÍSTICO VIII


Hoxe propoñémosvos facer como Van Gogh e que pintedes ou representedes plásticamente a vosa habitación. Podedes usar calquera técnica: acuarela, collage, rotuladores... Non esquezades compartir as vosas obras de arte!


E deixámosvos outra proposta para exercitar a motricidade fina e na que seguro ides estar moi concentrados. Coa tesoira seguimos os camiños para chegar ao arco da vella ou o que queirades debuxar.



luns, 1 de xuño de 2020

XOVES DE PASATEMPOS VII


ABSURDOS VISUAIS

Que disparates ves nestas imaxes? Queres xogar? Fai unha foto que represente unha situación absurda ou disparatada.
Aquí tes algúns exemplos disparatados: Absurdos

Agora pon a proba a túa capacidade de atención e orientación con esta ficha interactiva.

Animais, una ficha interactiva de auladeneko
liveworksheets.com

O 5 de xuño celebrase o día mundial do medio ambiente e Neko púxose a pensar que pasaría se, de repente, un día desapareceran os protas dos seus contos favoritos… Isto podería pasar se non nos concienciamos da importancia de coidar, respectar e conservar o noso planeta e os seres vivos que habitan nel. Imaxinade un libro de bechos sen escarabellos, vacalouras ou bolboretas ou un inventario de flores sen margaridas, moi triste, verdade?
Ou este conto tan divertido sen o seu protagonista. Sabes quen falta na portada? Poderías debuxalo?

 

VENRES ARTÍSTICO VII

Hoxe Neko tráenos algo moi divertido. Proponnos buscar PAREIDOLIAS: un fenómeno psicolóxico polo que vemos caras, formas, figuras... onde non as hai. Así que abre ben os ollos na casa, cando saes a pasear ou, simplemente, cando miras ao ceo e deixa voar a túa imaxinación. Xa sabes que podes compartir as túas pareidolias!

Tamén podemos facer unha MANDALA con pequenos obxectos que teñamos pola casa. Buscade aqueles que máis vos gusten, poñede música relaxante e ide colocándoos sobre unha superficie desde o centro cara fóra.




luns, 25 de maio de 2020

VENRES ARTÍSTICO VI

DEBUXAMOS CON SOMBRAS

Hoxe Neko proponnos debuxar con sombras. Así que agarda a que saía o sol, busca un boneco e colócao para ver a súa sombra. 
Repasa a silueta e completa o debuxo. 


luns, 18 de maio de 2020

MÉRCORES XOGUETÓN V

ENCESTA

Só necesitas un vaso de iogur, cordón ou la, un folio enrugado para facer a pelota e celo. E cando o teñas listo, a encestar!



BAILANDO CON NÚMEROS

Neko anímavos a xogar un pouquiño máis, así que preparádevos e a bailar!

VENRES ARTÍSTICO V

O venres pasado conmemorouse o Día da familia. Aínda que sempre hai que celebrar o marabillosas que son todas,  hoxe a Neko gustaríalle coñecer un pouquiño máis do especial que é a túa.
Podes representala da forma que queiras, xa sabes que os venres na Aula de Neko son para sacar toda a túa creatividade.





luns, 4 de maio de 2020

MÉRCORES XOGUETÓN III

Hoxe Neko proponnos facer algo moi divertido: unhas lanternas máxicas!
Só necesitas rollos de papel hixiénico, papel film, cinta/gomas, un rotulador permanente e unha lanterna.


Ademais, animádevos a probar o xogo Laranxa-limón que mola un montón!

 

VENRES ARTíSTICO III

Neko non para de enredar, xa sabedes que os gatiños son moi xoguetóns! E unha das cousas que máis lle gusta é meterse nos armarios. Mirade o que sacou do armario da vosa profe e o que se lle ocorreu facer con el.


Agora tócavos a vós representar ao grande a figura humana. Ides necesitar un espacio grande no chan e moita creatividade. Non te esquezas de ningunha parte do corpo.

luns, 27 de abril de 2020

MÉRCORES XOGUETÓN II

 CREA A TÚA CABAÑA

Hoxe Neko quere poñer a proba a vosa imaxinación e creatividade.
E que pode ser una cabaña? Calquera cousa! Desde unha caixa de cartón, unha mesa cunha saba,  un tipi de indios, o recuncho dunha parede ou sofá... o importante é que estea ben cuberto e que non se vexa o que pasa dentro. E se é de noite, unha lanterna será unha grande amiga.


Esta é a que fixo Neko. Gústavos?

VENRES ARTÍSTICO II

Hoxe Neko proponnos crear, debuxar, inventar... a partir de elementos cotiás que encontremos pola casa. 


Ademais, tamén vos anima a facer un sinxelo farollillo como símbolo de alegría. 

(Imaxe de Auntannie.com)