luns, 1 de xuño de 2020

LUNS MATEMÁTICOS VII

 DESCOMPOÑENDO NÚMEROS

Xa levamos moitos luns practicando a composición de números, é dicir, a suma. Pois hoxe imos prácticar o proceso inverso: descompoñer números.


Apetéceche unha partidiña ao dominó?

Dominó, una ficha interactiva de auladeneko
liveworksheets.com

MARTES DE LETRAS VII

Hoxe imos xogar un pouquiño coas letras. Escribimos sílabas en tapas e despois seguindo os códigos, descubrimos que palabras esconden. 


Descubriches as palabras secretas?

MÉRCORES XOGUETÓN VII

A SALTAR CON NEKO

Hoxe Neko proponnos un divertido xogo coa recta numérica. Podedes xogar de moitas maneiras:
Tirando un dado, saltando ata o número e colocando a cantidade correspondente.
Sumando dous números.
Colocando algún xoguete e pensando cantos saltos temos que dar para chegar a el e despois comprobándoo.
...
Preparados, listos, A SALTAR!!!

XOVES DE PASATEMPOS VII


ABSURDOS VISUAIS

Que disparates ves nestas imaxes? Queres xogar? Fai unha foto que represente unha situación absurda ou disparatada.
Aquí tes algúns exemplos disparatados: Absurdos

Agora pon a proba a túa capacidade de atención e orientación con esta ficha interactiva.

Animais, una ficha interactiva de auladeneko
liveworksheets.com

O 5 de xuño celebrase o día mundial do medio ambiente e Neko púxose a pensar que pasaría se, de repente, un día desapareceran os protas dos seus contos favoritos… Isto podería pasar se non nos concienciamos da importancia de coidar, respectar e conservar o noso planeta e os seres vivos que habitan nel. Imaxinade un libro de bechos sen escarabellos, vacalouras ou bolboretas ou un inventario de flores sen margaridas, moi triste, verdade?
Ou este conto tan divertido sen o seu protagonista. Sabes quen falta na portada? Poderías debuxalo?

 

VENRES ARTÍSTICO VII

Hoxe Neko tráenos algo moi divertido. Proponnos buscar PAREIDOLIAS: un fenómeno psicolóxico polo que vemos caras, formas, figuras... onde non as hai. Así que abre ben os ollos na casa, cando saes a pasear ou, simplemente, cando miras ao ceo e deixa voar a túa imaxinación. Xa sabes que podes compartir as túas pareidolias!

Tamén podemos facer unha MANDALA con pequenos obxectos que teñamos pola casa. Buscade aqueles que máis vos gusten, poñede música relaxante e ide colocándoos sobre unha superficie desde o centro cara fóra.




luns, 25 de maio de 2020

LUNS MATEMÁTICOS VI

TÁBOA DE DOBRE ENTRADA

Hoxe Neko quere que entrenedes o cerebro resolvendo esta táboa


E, seguimos co entrenamento xogando cos números. Nunha columna póñense puntos e números e despois na outra columna tedes que poñelo ao revés, o que está en números en puntos e o que está en puntos, pásalo a números.





MARTES DE LETRAS VI

Hoxe Neko fixo un acróstico do seu nome. Pensou en palabras que comezan con cada unha das letras do seu nome e escribiunas. Tamén buscou esas palabras en obxectos na casa e fixo esta composición fotográfica tan chula. Agora tócache a ti! Podes facelo co teu nome, co de papá e mamá,...


Tamén podedes realizar unha  actividade interactiva na que se propón contar sílabas. Para iso, tedes que palmear cada unha das palabras e colocala na casiña correspondente (nas ventás).

Conta as sílabas, una ficha interactiva de auladeneko
liveworksheets.com