luns, 15 de xuño de 2020

A ESPREMER O VERÁN!


Hoxe Neko quere despedirse de todos vós! Todas estas semanas axudásteslle a cargar a súa mochila de moitos momentos que quixestes compartir con el, e quere agradecer o voso esforzo e desexarvos que pasedes un marabilloso verán!
Neko marcha a Xapón e non esquece levar a súa cariña cuberta con máscara para protexerse... Agora que levamos a cara cuberta con máscaras todos parecemos máis homoxéneos, non vos parece? Pois a última proposta de Neko e que creedes unha máscara que reflicta o voso interior, os vosos sentimentos, convertendo esa máscara nunha verdadeira obra de arte! Non esquezades sacarvos unha foto con ela posta e compartila con Neko e cos vosos compis!

luns, 8 de xuño de 2020

LUNS MATEMÁTICOS VIII

Esta semana Neko proponnos xogar a facer torres pero antes debes resolver unhas sumas. Serás capaz? Neko está seguro de que si. 


Tamén vos propón un xogo de buscar as parellas. 

MARTES DE LETRAS VIII

Neko ten unha mensaxe moi especial para todos vós. Agochouna nos puntiños de KUSAMA. Serás quen de descifrala?


Ademais, tamén podedes xogar un pouquiño coas rimas.

Rimas, una ficha interactiva de auladeneko
liveworksheets.com

MÉRCORES XOGUETÓN

Hoxe Neko quere ensinarvos un dos xogos máis populares e divertidos do seu país: o Pacman ou Comecocos.

Xa que non puidemos celebrar os Xogos Olímpicos de Xapón no cole, que vos parece representar diferentes deportes con palillos, tapóns...? 

XOVES DE PASATEMPOS VIII

Nesta proposta imos a traballar moitas cousas: a atención, a concentración e a lóxico matemática. Teredes que resolver as sumas para saber de que cor colorear a KUSAMA e os seus puntos. Deixádea moi guapa!

Agora Neko proponvos un reto moi divertido. Tedes que buscar un conto que vos guste moito e, con cousas que teñades na casa, e unha boa dose de imaxinación e creatividade ides tentar recrear a portada do conto como fixeron as vosas profes.


VENRES ARTÍSTICO VIII


Hoxe propoñémosvos facer como Van Gogh e que pintedes ou representedes plásticamente a vosa habitación. Podedes usar calquera técnica: acuarela, collage, rotuladores... Non esquezades compartir as vosas obras de arte!


E deixámosvos outra proposta para exercitar a motricidade fina e na que seguro ides estar moi concentrados. Coa tesoira seguimos os camiños para chegar ao arco da vella ou o que queirades debuxar.



MÚSICA V









luns, 1 de xuño de 2020

LUNS MATEMÁTICOS VII

 DESCOMPOÑENDO NÚMEROS

Xa levamos moitos luns practicando a composición de números, é dicir, a suma. Pois hoxe imos prácticar o proceso inverso: descompoñer números.


Apetéceche unha partidiña ao dominó?

Dominó, una ficha interactiva de auladeneko
liveworksheets.com

MARTES DE LETRAS VII

Hoxe imos xogar un pouquiño coas letras. Escribimos sílabas en tapas e despois seguindo os códigos, descubrimos que palabras esconden. 


Descubriches as palabras secretas?

MÉRCORES XOGUETÓN VII

A SALTAR CON NEKO

Hoxe Neko proponnos un divertido xogo coa recta numérica. Podedes xogar de moitas maneiras:
Tirando un dado, saltando ata o número e colocando a cantidade correspondente.
Sumando dous números.
Colocando algún xoguete e pensando cantos saltos temos que dar para chegar a el e despois comprobándoo.
...
Preparados, listos, A SALTAR!!!

XOVES DE PASATEMPOS VII


ABSURDOS VISUAIS

Que disparates ves nestas imaxes? Queres xogar? Fai unha foto que represente unha situación absurda ou disparatada.
Aquí tes algúns exemplos disparatados: Absurdos

Agora pon a proba a túa capacidade de atención e orientación con esta ficha interactiva.

Animais, una ficha interactiva de auladeneko
liveworksheets.com

O 5 de xuño celebrase o día mundial do medio ambiente e Neko púxose a pensar que pasaría se, de repente, un día desapareceran os protas dos seus contos favoritos… Isto podería pasar se non nos concienciamos da importancia de coidar, respectar e conservar o noso planeta e os seres vivos que habitan nel. Imaxinade un libro de bechos sen escarabellos, vacalouras ou bolboretas ou un inventario de flores sen margaridas, moi triste, verdade?
Ou este conto tan divertido sen o seu protagonista. Sabes quen falta na portada? Poderías debuxalo?

 

VENRES ARTÍSTICO VII

Hoxe Neko tráenos algo moi divertido. Proponnos buscar PAREIDOLIAS: un fenómeno psicolóxico polo que vemos caras, formas, figuras... onde non as hai. Así que abre ben os ollos na casa, cando saes a pasear ou, simplemente, cando miras ao ceo e deixa voar a túa imaxinación. Xa sabes que podes compartir as túas pareidolias!

Tamén podemos facer unha MANDALA con pequenos obxectos que teñamos pola casa. Buscade aqueles que máis vos gusten, poñede música relaxante e ide colocándoos sobre unha superficie desde o centro cara fóra.




luns, 25 de maio de 2020

LUNS MATEMÁTICOS VI

TÁBOA DE DOBRE ENTRADA

Hoxe Neko quere que entrenedes o cerebro resolvendo esta táboa


E, seguimos co entrenamento xogando cos números. Nunha columna póñense puntos e números e despois na outra columna tedes que poñelo ao revés, o que está en números en puntos e o que está en puntos, pásalo a números.





MARTES DE LETRAS VI

Hoxe Neko fixo un acróstico do seu nome. Pensou en palabras que comezan con cada unha das letras do seu nome e escribiunas. Tamén buscou esas palabras en obxectos na casa e fixo esta composición fotográfica tan chula. Agora tócache a ti! Podes facelo co teu nome, co de papá e mamá,...


Tamén podedes realizar unha  actividade interactiva na que se propón contar sílabas. Para iso, tedes que palmear cada unha das palabras e colocala na casiña correspondente (nas ventás).

Conta as sílabas, una ficha interactiva de auladeneko
liveworksheets.com

MÉRCORES XOGUETÓN VI

Bzzzz

O 20 de maio celebrouse o Día Mundial das Abellas e Neko quere recordarvos o importantes que son. Sabíades que se desapareceran non habería moitas das froitas e verduras que comemos? Temos que protexelas! As abellas absorven coa lingua o néctar das flores e logo lévano as celas da colmea. Apetécevos facer de abelliñas e levar cada debuxo coa súa inicial? Ides necesitar unha palliña para facer de lingua de abella. A xogar!





XOVES DE PASATEMPOS VI

Neko está moi xoguetón e proponvos realizar un Pasapalabra moi animal. Serás capaz de completar o rosco?



Esta semana Neko leva este conto na mochila. Adiviñas cal é?


VENRES ARTÍSTICO VI

DEBUXAMOS CON SOMBRAS

Hoxe Neko proponnos debuxar con sombras. Así que agarda a que saía o sol, busca un boneco e colócao para ver a súa sombra. 
Repasa a silueta e completa o debuxo. 


COMO FACER O TEU PROPIO PERFUME

Coa chegada do bo tempo encontramos un montón de actividades divertidas. Gustaríache facer un perfume caseiro? Mira o vídeo e ponte mans á obra!

MÚSICA IV




luns, 18 de maio de 2020

LUNS MATEMÁTICOS V

NÚMEROS VECIÑOS

Que veciños saíron de paseo?


XEOMETRÍA

Cuns palillos e unhas chuches farás unhas construcións moi doces😋! Neko di que non te esquezas de cepillar ben os dentes despois de papalas. Tamén podes facelo con boliñas de plasti ou chícharos.



MARTES DE LETRAS V

Hoxe Neko foi ao super. Podedes revisar a súa lista da compra? Esquecería algo?


Podedes usar esta táboa para facer a vosa lista e así non esquecer nada!

ESCRITURA CREATIVA

Escribe o teu nome seguindo diferentes códigos de cores. Mirade que chuli quedou o de Neko!




MÉRCORES XOGUETÓN V

ENCESTA

Só necesitas un vaso de iogur, cordón ou la, un folio enrugado para facer a pelota e celo. E cando o teñas listo, a encestar!



BAILANDO CON NÚMEROS

Neko anímavos a xogar un pouquiño máis, así que preparádevos e a bailar!

XOVES DE PASATEMPOS V

Segue as instrucións de Neko para axudar ao ratiño a papar o queixo. E, ese superzing necesita a vosa axuda para refuxiarse na súa guarida.
Inventa os teus laberintos, non esquezas anotar as instrucións precisas para resolvelos. 


E, agora a túa memoria Neko quere probar, cantas cousas de xapón podes recordar? 


E, se esta semana o conto queres adiviñar este quebracabezas deberás montar:

Adiviña o conto
preview

(unha nova versión dun clásico)

VENRES ARTÍSTICO V

O venres pasado conmemorouse o Día da familia. Aínda que sempre hai que celebrar o marabillosas que son todas,  hoxe a Neko gustaríalle coñecer un pouquiño máis do especial que é a túa.
Podes representala da forma que queiras, xa sabes que os venres na Aula de Neko son para sacar toda a túa creatividade.





TINTA MÁXICA

Esta semana, Neko tráenos un novo experimento: A TINTA MÁXICA. Perfecta para mensaxes secretas, mapas de tesouros... 


(Deixar secar antes de poñerlle calor)

MÚSICA III

"A fala" de Uxía con Tanxugueiras e Faia.


"O rap da lingua", Canta connosco! de Migallas. 


luns, 11 de maio de 2020

LUNS MATEMÁTICOS IV

Hoxe Neko proponnos acercarnos á perruquería e facer unhas divertidas sumas.


A Neko como bo gato gústanlle moito os cordóns, las... Que vos parece xogar un pouco con eles seguindo diferentes códigos?





MARTES DE LETRAS IV


LIBRO DOS TESOUROS

Agora que podemos saír a pasear, é un bo momento para ensinarlle a Neko algunhas das nosas flores, plantas, árbores... preferidas. Que vos parece ir creando un libriño cos tesouros da natureza que imos atopando?


XOGAMOS COA RULETA!

Ademais, Neko sabe que vos gustan moito as ruletas e por iso vos propón xogar un pouco con elas. Preme no enlace https://wheelofnames.com/es/pa6-kfd, xira a ruleta e busca palabras que comecen por esa letra. Es capaz de completar o rosco?

Saberías dicir por que letra comezan os seguintes animais? Pincha na ruleta https://wheelofnames.com/es/5zn-3st e a xogar!





MÉRCORES XOGUETÓN IV

TOCA, TOCA!

Xa sabemos que Neko ten moi boa vista, pero como lle irá co tacto? e a ti?



XOGAMOS ÁS CARREIRAS!
Xogamos ás carreiras from Aula de Neko on Vimeo.

XOVES DE PASATEMPOS IV

Atréveste con estas sumas e restas?



Serás capaz de copiar o modelo?

Copia o modelo, una ficha interactiva de auladeneko
liveworksheets.com


E, o conto que leva esta semana Neko na mochila é...



VENRES DE LETRAS GALEGAS

Como xa sabedes o 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas. Este ano o homenaxeado é o escritor Ricardo Carvalho Calero que, entre outras obras, escribiu "As pitas baixo a choiva", inspirada na súas vacacións de neno na aldea. 

 
Tamén, podedes realizar este xogo no que descubriredes un pouquiño máis da vida de Ricardo Carvalho Calero.

     
      







luns, 4 de maio de 2020

LUNS MATEMÁTICOS III

Se eres un bo detective, as pistas atoparás, para rematar estas series, igual, igual, igual.
Cousas marabillosas tamén poderás crear, só unha consigna, todo semellante terán.

      
      

MARTES DE LETRAS III

Neko tráenos un xogo de letras e dado do máis divertido. Tira o dado, le e tapa todo o taboleiro!


Se vos apetece un pouco máis xogar, este xogo interactivo debes probar:


MÉRCORES XOGUETÓN III

Hoxe Neko proponnos facer algo moi divertido: unhas lanternas máxicas!
Só necesitas rollos de papel hixiénico, papel film, cinta/gomas, un rotulador permanente e unha lanterna.


Ademais, animádevos a probar o xogo Laranxa-limón que mola un montón!

 

XOVES DE PASATEMPOS III

PALABRAS SEGREDAS

Xa sabedes que a Neko lle encantan os xogos de detectives. Ides ter que poñer moita atención para descifrar os códigos destas palabras.


Agora que xa es un experto decodificador de palabras, se queres podes escribirlle unha palabra ou mensaxe a Neko con algún código secreto. Estará atento a carpeta Drive para descifralas.

E, se queres pasar o tempo como un xaponés, un Sudoku tes que saber facer.

Podemos facelo con letras, cores, debuxos...


E, o conto que leva esta semana Neko na súa mochila é...




VENRES ARTíSTICO III

Neko non para de enredar, xa sabedes que os gatiños son moi xoguetóns! E unha das cousas que máis lle gusta é meterse nos armarios. Mirade o que sacou do armario da vosa profe e o que se lle ocorreu facer con el.


Agora tócavos a vós representar ao grande a figura humana. Ides necesitar un espacio grande no chan e moita creatividade. Non te esquezas de ningunha parte do corpo.

A BOLSA IRROMPIBLE

Neko quere animarvos a facer un novo experimento: unha bolsa máxica! Irrompible!

 

Con cantos lápices atravesaches a bolsa? Que pasou cando os quitaches? 

luns, 27 de abril de 2020

LUNS MATEMÁTICOS II

NÚMEROS ESCONDIDOS!

Só necesitas unha bandexa transparente con auga, debaixo da bandexa coloca un folio con números. Para escondelos deberás tintar a auga (como Neko non tiña pintura botoulle Nesquik), colle un vaso e atópaos todos!!! Tamén podes esconder letras ou figuras xeométricas.


Tamén mirade o ben que se lle dan a Neko os puzzles. Estes fíxoos coas caixas dos cereais e galletas e cun dos seus debuxos: unha kokeshi e un gatiño da sorte.
Que chulo lle quedou!





MARTES DE LETRAS II

Hoxe faremos unha máquina de letras. Mira o vídeo e anímate a facer a túa. É moi sinxelo!



E, agora que xa o tes listo, a practicar!

                                    


MÉRCORES XOGUETÓN II

 CREA A TÚA CABAÑA

Hoxe Neko quere poñer a proba a vosa imaxinación e creatividade.
E que pode ser una cabaña? Calquera cousa! Desde unha caixa de cartón, unha mesa cunha saba,  un tipi de indios, o recuncho dunha parede ou sofá... o importante é que estea ben cuberto e que non se vexa o que pasa dentro. E se é de noite, unha lanterna será unha grande amiga.


Esta é a que fixo Neko. Gústavos?

XOVES DE PASATEMPOS II

Veña collede a lupa de súper detectives e a ver se atopades na sopa de letras a NEKO, KUSAMA, POMELO, JAPÓN e RATO.


Agora imos xogar aos xeroglíficos, xunta os dous obxectos e descubre que palabra agocha. Escríbeos nun papel.



O conto que leva hoxe Neko na mochila é...
Aí vai unha pistiña: