Amosando publicacións coa etiqueta Arte. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Arte. Amosar todas as publicacións

luns, 15 de xuño de 2020

A ESPREMER O VERÁN!


Hoxe Neko quere despedirse de todos vós! Todas estas semanas axudásteslle a cargar a súa mochila de moitos momentos que quixestes compartir con el, e quere agradecer o voso esforzo e desexarvos que pasedes un marabilloso verán!
Neko marcha a Xapón e non esquece levar a súa cariña cuberta con máscara para protexerse... Agora que levamos a cara cuberta con máscaras todos parecemos máis homoxéneos, non vos parece? Pois a última proposta de Neko e que creedes unha máscara que reflicta o voso interior, os vosos sentimentos, convertendo esa máscara nunha verdadeira obra de arte! Non esquezades sacarvos unha foto con ela posta e compartila con Neko e cos vosos compis!

luns, 8 de xuño de 2020

VENRES ARTÍSTICO VIII


Hoxe propoñémosvos facer como Van Gogh e que pintedes ou representedes plásticamente a vosa habitación. Podedes usar calquera técnica: acuarela, collage, rotuladores... Non esquezades compartir as vosas obras de arte!


E deixámosvos outra proposta para exercitar a motricidade fina e na que seguro ides estar moi concentrados. Coa tesoira seguimos os camiños para chegar ao arco da vella ou o que queirades debuxar.



luns, 1 de xuño de 2020

VENRES ARTÍSTICO VII

Hoxe Neko tráenos algo moi divertido. Proponnos buscar PAREIDOLIAS: un fenómeno psicolóxico polo que vemos caras, formas, figuras... onde non as hai. Así que abre ben os ollos na casa, cando saes a pasear ou, simplemente, cando miras ao ceo e deixa voar a túa imaxinación. Xa sabes que podes compartir as túas pareidolias!

Tamén podemos facer unha MANDALA con pequenos obxectos que teñamos pola casa. Buscade aqueles que máis vos gusten, poñede música relaxante e ide colocándoos sobre unha superficie desde o centro cara fóra.




luns, 25 de maio de 2020

VENRES ARTÍSTICO VI

DEBUXAMOS CON SOMBRAS

Hoxe Neko proponnos debuxar con sombras. Así que agarda a que saía o sol, busca un boneco e colócao para ver a súa sombra. 
Repasa a silueta e completa o debuxo. 


luns, 18 de maio de 2020

VENRES ARTÍSTICO V

O venres pasado conmemorouse o Día da familia. Aínda que sempre hai que celebrar o marabillosas que son todas,  hoxe a Neko gustaríalle coñecer un pouquiño máis do especial que é a túa.
Podes representala da forma que queiras, xa sabes que os venres na Aula de Neko son para sacar toda a túa creatividade.





luns, 4 de maio de 2020

VENRES ARTíSTICO III

Neko non para de enredar, xa sabedes que os gatiños son moi xoguetóns! E unha das cousas que máis lle gusta é meterse nos armarios. Mirade o que sacou do armario da vosa profe e o que se lle ocorreu facer con el.


Agora tócavos a vós representar ao grande a figura humana. Ides necesitar un espacio grande no chan e moita creatividade. Non te esquezas de ningunha parte do corpo.

luns, 27 de abril de 2020

VENRES ARTÍSTICO II

Hoxe Neko proponnos crear, debuxar, inventar... a partir de elementos cotiás que encontremos pola casa. 


Ademais, tamén vos anima a facer un sinxelo farollillo como símbolo de alegría. 

(Imaxe de Auntannie.com)



luns, 20 de abril de 2020

VENRES ARTÍSTICO

Hoxe Neko presentanos a Miró, un artista moi famoso e moi molón. Miró atopaba nos seus paseos os obxectos e materiais que empregaba para facer as súas esculturas. Mirade que fixo cunha pinza da roupa, unha castaña e un pistacho:


  UN XIGANTE!

Nós agora non podemos saír a pasear como Miró, temos que quedar na casa pero, a nosa imaxinación pode ir a donde queiramos. Así que o reto de hoxe é crear unha escultura como a de Miró ou como se vos ocorra. Seguro pasades un ratiño moi entretido. Neko estará desexando ver as vosas creacións. Non esquezades poñerlle un título e escribilo!