luns, 27 de abril de 2020

LUNS MATEMÁTICOS II

NÚMEROS ESCONDIDOS!

Só necesitas unha bandexa transparente con auga, debaixo da bandexa coloca un folio con números. Para escondelos deberás tintar a auga (como Neko non tiña pintura botoulle Nesquik), colle un vaso e atópaos todos!!! Tamén podes esconder letras ou figuras xeométricas.


Tamén mirade o ben que se lle dan a Neko os puzzles. Estes fíxoos coas caixas dos cereais e galletas e cun dos seus debuxos: unha kokeshi e un gatiño da sorte.
Que chulo lle quedou!





MARTES DE LETRAS II

Hoxe faremos unha máquina de letras. Mira o vídeo e anímate a facer a túa. É moi sinxelo!



E, agora que xa o tes listo, a practicar!

                                    


MÉRCORES XOGUETÓN II

 CREA A TÚA CABAÑA

Hoxe Neko quere poñer a proba a vosa imaxinación e creatividade.
E que pode ser una cabaña? Calquera cousa! Desde unha caixa de cartón, unha mesa cunha saba,  un tipi de indios, o recuncho dunha parede ou sofá... o importante é que estea ben cuberto e que non se vexa o que pasa dentro. E se é de noite, unha lanterna será unha grande amiga.


Esta é a que fixo Neko. Gústavos?

XOVES DE PASATEMPOS II

Veña collede a lupa de súper detectives e a ver se atopades na sopa de letras a NEKO, KUSAMA, POMELO, JAPÓN e RATO.


Agora imos xogar aos xeroglíficos, xunta os dous obxectos e descubre que palabra agocha. Escríbeos nun papel.



O conto que leva hoxe Neko na mochila é...
Aí vai unha pistiña:



VENRES ARTÍSTICO II

Hoxe Neko proponnos crear, debuxar, inventar... a partir de elementos cotiás que encontremos pola casa. 


Ademais, tamén vos anima a facer un sinxelo farollillo como símbolo de alegría. 

(Imaxe de Auntannie.com)



COMO CREAR UN ARCO DA VELLA?

É un experimento moi sinxelo!




NECESITAMOS

- Papel de cociña.
- Dous vasos.
- Rotuladores lavables ("non permanentes"). 
- Auga.


PASOS

1. Dobramos á metade o papel de cociña.
2. Pintamos nos dous extremos coas cores do arco da vella.
3. Coloca dous vasos con 3/4 partes de auga e coloca un extremo en cada vaso (non demasiado profundos xa que o tinte podería disolverse en lugar de subir polo papel).
4. Deixa o papel durante 10 minutos ata que o tinte suba e se unan os dous extremos formando o noso fermoso arco da vella. 





CONTOS VARIADOS

No seguinte pdf dispoñedes dunha gran variedade de contos en diferentes formatos.


Recompilación elaborada por Vivencias con la Seño Nuria. 

Esperamos que vos guste!

MÚSICA II



(Ficha clave de sol)

MÚSICA I

Para celebrar o día do libro un pouquiño de música de Pablo Díaz.


“O libro” (Tic tac de Kalandraka)



Ademais, se queredes bailar en familia “O xogo da carrasquiña” resulta moi divertido!
 


luns, 20 de abril de 2020

MENSAXE BENVIDA

Ola familias:  

Benvidas ao blogue de Neko!!! 

O voso gatiño preferido tenvos preparadas mooooitas sorpresas para este atípico e especial, pero non menos divertido, terceiro trimestre que comeza!

Estades preparadas para viaxar nun mar de propostas?
Agarrádevos ben porque esta viaxe comeza en...

5,4,3,2,1 MIAUUUUUU!!!!!!





LUNS MATEMÁTICO

O reto de hoxe é o seguinte: constrúe unha torre con 6 rollos de papel hixiénico e despois engade outros 2 rollos, cantos ten agora a torre? Escribe a suma que fixeches nun papel. Practica máis sumas cos rollos.


MARTES DE LETRAS


Neko invítanos a xogar coas letras! Atopamos letras en revistas, camisetas, etiquetas de alimentos... Pero desta vez, que vos parece ser nós os que creemos letras con diferentes elementos que atopamos pola casa? De seguro que xorden ideas do máis divertidas.



E, agora que xa as tedes, busca na cociña cousas que comecen por esas letras. Cantas atopastes?

MÉRCORES XOGUETÓN


Preparados para xogar? Mirade o vídeo e a practicar!



Se aínda quedastes con ganas de máis, que tal un pouco de pesca?
Necesitamos un recipiente con auga (podedes enlear ao seu redor cinta de carroceiro ou las para facelo máis difícil) e diferentes elementos como tapóns, corchos, tapas de rotuladores, gomas do pelo... todo o que se vos ocorra. Para pescar podemos usar pinzas para o xeo, garfos, “pinchos” (de brochetas)...
Que non se vos escapen!


XOVES DE PASATEMPOS


Hoxe, 23 de abril, é o Día do libro e Neko como é moi xoguetón  meteu na súa mochila un dos seus contos favoritos e con esta pista quere xogar as adiviñas.


Xa sabes que conto é? Cal é o teu conto favorito?

(Na barra lateral hai un apartado de Contos contados de Kalandraka Tv)


A quen non lle gusta ser detective? Colle a túa lupa de super detective e busca as diferenzas entre estas dúas imaxes. Deixanos en comentarios cantas atopaches. Tamén podes inventar o teu busca diferenzas e compartilo con todos. Podes mandar as fotos a carpeta Drive ou o mail da túa profe.



VENRES ARTÍSTICO

Hoxe Neko presentanos a Miró, un artista moi famoso e moi molón. Miró atopaba nos seus paseos os obxectos e materiais que empregaba para facer as súas esculturas. Mirade que fixo cunha pinza da roupa, unha castaña e un pistacho:


  UN XIGANTE!

Nós agora non podemos saír a pasear como Miró, temos que quedar na casa pero, a nosa imaxinación pode ir a donde queiramos. Así que o reto de hoxe é crear unha escultura como a de Miró ou como se vos ocorra. Seguro pasades un ratiño moi entretido. Neko estará desexando ver as vosas creacións. Non esquezades poñerlle un título e escribilo!