luns, 15 de xuño de 2020

A ESPREMER O VERÁN!


Hoxe Neko quere despedirse de todos vós! Todas estas semanas axudásteslle a cargar a súa mochila de moitos momentos que quixestes compartir con el, e quere agradecer o voso esforzo e desexarvos que pasedes un marabilloso verán!
Neko marcha a Xapón e non esquece levar a súa cariña cuberta con máscara para protexerse... Agora que levamos a cara cuberta con máscaras todos parecemos máis homoxéneos, non vos parece? Pois a última proposta de Neko e que creedes unha máscara que reflicta o voso interior, os vosos sentimentos, convertendo esa máscara nunha verdadeira obra de arte! Non esquezades sacarvos unha foto con ela posta e compartila con Neko e cos vosos compis!

luns, 8 de xuño de 2020

LUNS MATEMÁTICOS VIII

Esta semana Neko proponnos xogar a facer torres pero antes debes resolver unhas sumas. Serás capaz? Neko está seguro de que si. 


Tamén vos propón un xogo de buscar as parellas. 

MARTES DE LETRAS VIII

Neko ten unha mensaxe moi especial para todos vós. Agochouna nos puntiños de KUSAMA. Serás quen de descifrala?


Ademais, tamén podedes xogar un pouquiño coas rimas.

Rimas, una ficha interactiva de auladeneko
liveworksheets.com

MÉRCORES XOGUETÓN

Hoxe Neko quere ensinarvos un dos xogos máis populares e divertidos do seu país: o Pacman ou Comecocos.

Xa que non puidemos celebrar os Xogos Olímpicos de Xapón no cole, que vos parece representar diferentes deportes con palillos, tapóns...? 

XOVES DE PASATEMPOS VIII

Nesta proposta imos a traballar moitas cousas: a atención, a concentración e a lóxico matemática. Teredes que resolver as sumas para saber de que cor colorear a KUSAMA e os seus puntos. Deixádea moi guapa!

Agora Neko proponvos un reto moi divertido. Tedes que buscar un conto que vos guste moito e, con cousas que teñades na casa, e unha boa dose de imaxinación e creatividade ides tentar recrear a portada do conto como fixeron as vosas profes.


VENRES ARTÍSTICO VIII


Hoxe propoñémosvos facer como Van Gogh e que pintedes ou representedes plásticamente a vosa habitación. Podedes usar calquera técnica: acuarela, collage, rotuladores... Non esquezades compartir as vosas obras de arte!


E deixámosvos outra proposta para exercitar a motricidade fina e na que seguro ides estar moi concentrados. Coa tesoira seguimos os camiños para chegar ao arco da vella ou o que queirades debuxar.



MÚSICA V